Casa onde perdeu a vida o "Rapaz de Ricosende",en Cunas ©pemónbouzas En 1951, a partida de Manuel Girón tivo que repartirse entre dúas casas para refuxiárense debido ao acoso das forzas franquistas. Na localidade de Cunas , na comarca leonesa de La Cabrera , agardarían un tempo os máis débiles, Manuel Zapico Terente , alias “el asturiano”, que padecía de úlceras de estómago, Enrique Yañez Álvarez , alias “chaval de Ricosende”, con tuberculose moi avanzada e Alida González Arias , viúva do asasinado José González Yañez , alias “a Penca”. Mentres, os demais membros da partida de Girón agocharíanse nunha casa de Corporales . A fotografía recolle a casa de Cunas na que morreu Enrique Yañez dun disparo na cabeza. Era costume entre os guerrilleiros que se algún deles resultaba ferido grave ou sufría unha enfermidade dificilmente curable quedara cunha pistola e unha bala para quitarse a vida e non por en perigo o resto da partida. De non sentirse capaz, pedía a algún compa...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones