Sinopse
Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. Cada vez estaban máis acurralados polas forzas da orde, por pistoleiros fanáticos e por caza recompensas amparados pola lei.
Unha historia épica, de supervivencia, de desesperación e de esperanza, afastada de posicionamentos maniqueos e repleta de sentimentos, de emocións e de afouteza.
A novela de non ficción Cando os lobos escoitaban a radio apóiase en feitos acontecidos narrados por algúns protagonistas e contrastados cos traballos realizados por historiadores, escritores e xornalistas que investigaron fondamente sobre o tema.
Comentarios
Publicar un comentario