![]() |
Casa onde perdeu a vida o "Rapaz de Ricosende",en Cunas©pemónbouzas |
En 1951, a partida de Manuel Girón tivo
que repartirse entre dúas casas para refuxiárense debido ao acoso das forzas
franquistas. Na localidade de Cunas, na comarca leonesa de La Cabrera, agardarían un tempo os máis débiles, Manuel Zapico
Terente, alias “el asturiano”, que padecía de úlceras de estómago, Enrique
Yañez Álvarez, alias “chaval de Ricosende”, con tuberculose moi avanzada e Alida
González Arias, viúva do asasinado José González Yañez, alias “a Penca”.
Mentres, os demais membros da partida de Girón agocharíanse nunha casa de
Corporales.
A fotografía recolle a casa de
Cunas na que morreu Enrique Yañez dun disparo na cabeza. Era costume entre os
guerrilleiros que se algún deles resultaba ferido grave ou sufría unha enfermidade
dificilmente curable quedara cunha pistola e unha bala para quitarse a vida e
non por en perigo o resto da partida. De non sentirse capaz, pedía a algún
compañeiro que lle dera o tiro de gracia. Iso foi o que pasou na casa de Cunas
que aparece na foto. Todo apunta a que foi Manuel Zapico que realizou o
disparo, aínda que nos últimos tempos hai que sinala a Alida González, unha
muller que nunca portaba armas consigo.
Comentarios
Publicar un comentario